O Equipo

Coñece aos membros do noso equipo

Rebeca, Lourdes, Diego, Nuria e Pablo son os cinco profesionáis que lle poñen a cara e o esforzo a este proxecto. 

Amplamente formados, especialmente nos ámbitos da psicoloxía e pedagoxía, ofrecen os seus coñecementos e experiencia para unha mellora xeral da calidade de vida.

CóidoME será levado a cabo por cinco profesionais de saúde mental e do ámbito da educación a través dunha dobre abordaxe: por un lado, un formato presencial que inclúe obradoiros formativos sobre aspectos básicos da saúde mental que combinan teoría e práctica; por outro lado, un formato online a través desta páxina web con libre acceso a recursos relacionados co contido das formacións.

Pola situación sanitaria actual, relativa a COVID-19, alguns dos obradoiros formativos tamén estarán disponibles en formato online.

Rebeca Calvo

O meu nome é Rebeca, teño 24 anos e son dun pequeno pobo da comarca do Eume chamado A Capela.

Estudei psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela e na University of Gdansk, en Polonia, onde fixen o meu primeiro Erasmus. Alí tiven a miña primeira experiencia no campo da psicoloxía, traballando nun colexio de rapaces con altas capacidades.

Teño experiencia en intervención psicolóxica con nenos, adolescentes e adultos tanto en ámbito hospitalario como educativo. Ademáis, tamen fun parte de dous proxectos sobre a prevencion do acoso, o ciberacoso e as conductas de risco na rede tanto na Universidade de Santiago como na Universidade de Bolonia, Italia, onde fixen o meu segundo Erasmus. Actualmente estou cursando o máster de neuropsicoloxía na UOC e impartindo clases particulares a rapaces de primaria e ESO.

Lourdes Cobián

Chámome Lourdes, teño 25 anos e son natural de Sada, un pobo mariñeiro da Coruña.

Son psicóloga pola Universidade de Deusto (Bilbao) e psicóloga xeral sanitaria pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Fixen un Erasmus+ durante un curso escolar na National University of Ireland en Galway.

A miña experiencia fundaméntase en dous ámbitos: o da saúde mental e os trastornos paicopatolóxicos, sobre todo con adultos, pero tamén con nenos e as súas familias, e o da neuropsicoloxía, con poboación con dano cerebral, trastornos do neurdesarrolo e enfermidades neurodexenerativas.

Actualmente, estou cursando o Máster en Neuropsicolloxía pola UOC e son Doutoranda no programa de Neurociencia e Psicoloxía Clínica da USC.

Diego García

Son Diego, teño 24 anos e son natural de Santiago de Compostela, aínda que teño raices na comarca do Barco de Ávila.

Cursei o grado de psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, complementado cun periodo Erasmus+ na Univerzita Karlova, Praga.

Actualmente estou cursando o segundo ano do Máster en Técnicas Estadísticas, tamén na USC.

Teño experiencia no ámbito da recollida de datos, investigación de mercados e data science.

Nuria González

Chámome Nuria, teño 24 anos e son de Ourense. Graduada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Psicóloga Xeral Sanitaria pola Universitat de Barcelona (UB). Grazas ao programa Erasmus+  tiven a oportunidade de facer un curso académico na Universidade de Gdansk en Polonia.

A miña experiencia céntrase na intervención psicolóxica na poboación infantil-xuvenil, en terapia e evaluación con adolescentes con problemas de conduta e abuso de sustancias no Servizo de Psiquiatría Infantil e Xuvenil do Hospital Clinic de Barcelona.

No eido educativo, como Psicopedagoga con nenos e adolescentes con TDAH, TEA ou problemas de aprendizaxe. Ademais, tamén formei parte de varios proxectos a nivel Europeo: na Cruz Vermelha Portuguesa con menores en risco de exclusión social e na Universidade de Boloña, Italia como persoal investigador do Departamento de Psicoloxía do Desenvolvemento.

Actualmente, estou preparando o exame de Psicólogo Interno Residente (PIR).

Pablo León

Chámome Pablo, teño 23 anos e son orixinario de Neda, na comarca de ferrolterra.

Actualmente atópome no último curso de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Tiven a enorme sorte de poder facer o curso 2019-2020 no Alma Mater Studiorum, a primeira universidade do mundo occidental en Bolonia, Italia, grazas ao programa Erasmus+. Alí puiden adquirir experiencia na realización de proxectos a nivel comunitario, nacional e europeo ao formar parte do equipo de proxectación da Associazione WinWin.

CóidoME  © 2020. Todos os dereitos reservados.

Deseñado por jorblanco.com