O proxecto CóidoME é unha iniciativa destinada á promoción integral da saúde mental en mozas e mozos estudantes de bacharelato e ciclo medio do ámbito rural galego.
A nosa labor desenvólvese dende centros educativos ata asociacións, aportando ferramentas e educando dende a psicoloxía e a pedagoxía sobre saúde mental, sexual, diversidade, autoicoidado, consumo de sustancias, redes sociais e habilidades relacionais.
Os nosos servizos desenvólvense a través de obradoiros e conferencias de forma presencial e tamén online, adaptándonos así a situación que vivimos actualmente.
Rebeca, Lourdes, Diego, Nuria e Pablo son os cinco profesionáis que lle poñen a cara e o esforzo a este proxecto.
Amplamente formados, especialmente nos ámbitos da psicoloxía e pedagoxía, ofrecen os seus coñecementos e experiencia para unha mellora xeral da calidade de vida.